A POBRA> Os pobrenses teñen unha cita co tradicional Pasabares que organiza a Comisión de Festas do Carme do Castelo. Será o sábado de 29 marzo e contará coa participación dunha vintena de grupos tradicionais e outros tantos locais hostaleiros.
A sétima edición do Pasabares Carme do Castelo, prevista para o próximo sábado día 29, dará comezo ás oito da tarde cunha foliada na Covecha na que participarán seis agrupacións d emúsica e baile tradicional. Ó remate comezará a tradicional ruta por 22 locais hostaleiros que colaboran na iniciativa.
Ó remate do Pasabares terá lugar o concerto dos Enxebres de San Lázaro, no que colabora o concello.
Durante o evento realizarase o sorteo de numerosos agasallos doados por empresas locais que colaboran na iniciativa. Dende unha noite de hotel ata comidas, ceas e electrodomésticos.











