O PP pide ó goberno central que renegocie á alza os TAC para Galicia

    xuntanzaruizsectorpesqueiro.jpgRIBEIRA> Manuel Ruíz mantivo unha xuntanza co sector pesqueiro para informar da iniciativa popular sobre a renegociación das cotas.

    {flowplayer}barbanza/xuntanzaruizsectorpesqueiro.flv{/flowplayer}

    O recorte máis drástico afecta ás capturas de lirio, unha especie que na última década supuxo o 27 por cento do total das vendas na lonxa de Ribeira. Pero non é a única xa que outros peixes con especial presenza na rula ribeirense como a pescada, o xurelo ou a xarda sufriron tamén fortes restricións.

    Para evitar que a flota de arrastre se vexa obrigada a amarrar arriscando o mercado que tanto custou conseguir, piden ó executivo central que renegocie os totais admisibles de capturas adaptándoos á situación real dos recursos pesqueiros e a potencialidade do sector.

    Axudas

    De non acadar ese demandado incremento das cotas, esixen que o Ministerio de Medio Mariño habilite unha liña de axudas que garantan o mantemento da flota e os postos de traballo directos e indirectos.

    Maior peso

    Dende o PP entenden que a comunidade galega debe ter unha maior representación nas negociacións das cotas que afectan a un dos eixos básicos da súa economía. A propia Conselleira do Mar reunirase o martes coa Comisaria Europea de Pesca para expoñer a necesidade de revisar as cotas.

    Por outra banda, os populares demandan que o Instituto Español de Oceanografía elabore un estudo actualizado dos recursos pesqueiros que sirva como base para establecer cotas en función de criterios medioambientais e socioeconómicos.

    Redacción Barbanza