Cambio na presidencia da Cooperativa de Abanqueiro

BOIRO> José Antonio Casais vén de ser elixido coma novo presidente da entidade en substitución de Juan José Dieste, que levaba no cargo dende o ano 2004. A pesar da novidade do cargo, José Antonio Casais coñece moi ben a entidade, xa que veu desempeñando distintos postos nos órganos directivos, sendo ademais vicepresidente dende o ano 2012. Ademais dunhas instalacións propias, situadas no lugar de Portodemouro, equipadas cunha depuradora, unha cetárea e un laboratorio para o análise e control do marisco, a cooperativa conseguiu a base do esforzo dos seus 473 socios actuais importantes logros. Un deles foi a consecución da prestixiosa certificación de sostinibilidade MSC no ano 2013 . De cara o futuro, o novo presidente sinala que assume o posto de presidente da Cooperativa Ría de Arousa coa responsabilidade de consolidar o traballo realizado durante os últimos anos.