DepoRemse investirá 11 millóns de euros en 31 concellos da provincia

Pontevedra> A presidenta e vicepresidente da Deputación presentaron nesta xornada os proxectos que se van a beneficiar do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais, DepoRemse. Trátase dunha iniciativa destinada a concellos de menos de 50 mil habitantes e na que destinarán, dende a administración provincial, 11 millóns de euros. Un total de 31 concellos da provincia se beneficiarán deste plan.

A Deputación de Pontevedra destinará 11 millóns de euros ao Plan DepoRemse, un plan destinado a concellos de menos de 50 mil habitantes que tanto o vicepresidente como a presidente cualificaron como unha revolución no Pazo Provincial. Trátase de 11 millóns de eros destinados a actuacións en viarios de 31concellos de provincia.

A presidenta informou nesta xornada a que a este plan se presentaron 48 proxectos dos cales 31 son os que finalmente se van a aprobar ao dar o cumprimento a todos os requisitos marcados nas bases da convocatoria do plan publicadas no Boletín Oficial da provincia o 13 de abril.

Un plan onde a presidenta quixo destacar do cal se benefician concellos de todas as cores políticas.

O Plan DepoRemse conta con dúas liñas a través das cales se distribúen as subvencións entre actuacións para a instalación de pasos sobreelevados e redutores físicos de velocidade, esa sería a liña 1. A liña 2 céntrase na mellora da mobilidade e seguranza viaria nas vías e espazos públicos municipais dentro do ámbito ou na contorna de puntos de gran atracción.