A delegación do país convidado do Salón, México, xa está en Pontevedra

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibiu este mediodía no concello á Delegación de México, o país convidado nesta XIX edición do Salón. O alcalde amosouse encantado de recibir unha embaixada tan importante na cidade. E, dende México, dixeron que é un pracer participar nesta edición do Salón, que ten as mulleres de conto como tema principal, xa que dende México, a súa delegación é maioritariamente feminina.

O alcalde de Pontevedra e as concelleiras de Cultura e de Promoción da cidade, recibiron esta mañá no concello á delegación de México, o país convidado desta XIX edición do Salón do libro infantil e xuvenil. Lores amosouse encantado de recibir unha embaixada tan importante, maioritariamente feminina, que lle da moito prestixio ao Salón.

A Consejera Cultural de México en España salientou que para elas é unha horna ser o primeiro país convidado dun evento como o é o Salón.

E pola súa banda a Coordinadora Xeral da Programación da Feira Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Cidade de México dixo que era un pracer formar parte de esta edición, ademais engadiu, tan bonita baixo o lema de mulleres de conto.

Unha décimo novena edición que se inaugurará mañá venres 6 de abril ás 18:00 no Pazo da Cultura e que se desenvolverá ata o 29 deste mes. Unha cita que achegará un sinfín de actividades para o público infantil e familiar.