PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra pospón o Salón do Libro. Esta 12ª edición ía a ter lugar no mes de marzo pero a Covid obrigou ao goberno local a modificar as datas. Finalmente, o evento terá lugar do 23 de abril ao 9 de maio. Ademais, como novidade, este ano haberá espectáculos ao aire libre.
O Concello de Pontevedra non renuncia a celebrar este ano o Salón do Libro. Iso si, con motivo da Covid, o goberno local viuse obrigado a modificar as datas. O evento levarase a cabo finalmente do 23 de abril ao 9 de maio.
O goberno local pretende celebrar o Salón tanto no interior do Pazo como no exterior, instalando escenarios ao aire libre sempre que o tempo así o permita. Deste xeito, o Concello aposta pola presencialidade tamén nesta edición.
En canto aos colexios, a organización do evento intentará trasladar a todos os centros a maxia do Salón do Libro, co obxectivo de que os nenos e nenas se despracen o menos posible. A temática, como xa anunciara o goberno local será “Emerxencia Literaria: libros para salvar o planeta”.
Todos os espectáculos desta edición serán gratuítos. Por outra banda, o Concello elixiu xa a ilustradora que deseñará o cartel deste ano. Será a viguesa Aida Alonso.