A andaina popular de Ribeira incorpora unha categoría extrema

    RIBEIRA> A andaina popular de Ribeira incorpora tres distancias na súa decimo terceira edición. Ademais do percorrido estándar de cincuenta quilómetros haberá un máis esixente, de preto de sesenta. Para os que se inicien na proba, habilitouse un itinerario de trinta e cinco quilómetros. Terá lugar esta sábado, día cinco de setembro. A andaina popular de Ribeira vai camiño de converterse nunha das probas máis lonxevas de toda a comarca con trece edicións celebradas ininterrompidamente dende o ano 2002. Na que terá lugar o próximo cinco de setembro incluiranse algunhas novidade: ademais da distancia xeral de cincuenta quilómetros haberá unha de trinta e cinco para principiantes e unha máis esixente: a extreme, con maior dificultade técnica, de case sesenta quilómetros. O percorrido, como cada ano, tamén inclúe variacións. nesta decimo terceira edición, os participantes pisarán sete das nove parroquias de Ribeira con puntos de especial beleza no seu camiño como a Fervenza de San Amedio ou o novo sendeiro do río Sanchanás. Xa se poden formalizar as inscricións. O prezo é de dezaseis euros cun desconto de tres euros para deportistas federados. O límite de prazas é de trescentas. A saída será ás nove da mañá dende o complexo deportivo da Fieiteira e os participantes disporán dun máximo de doce horas para completar o percorrido.