MEAÑO> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé manuel Cores Tourís, visitou as obras que se están a levar a cabo no colexio de Coirón, nas que o Goberno Galego, en colaboración co concello, inviste corenta mil euros. O próximo dez de setembro está fixado o inicio do novo curso escolar para infantil, primaria e educación especial, e o día 15 farano os de secundaria, bacharelato e formación profesional, polo que moitas familias atópanse actualmente de cheo na voráxine da compra de libros e material escolar. Tamén e tempo de traballo para as Administracións, que apuran estes días as obras de mellora en moitos colexios de cara a presenten a súa mellor cara para o comezo das clases. O gasto medio por neno está fixado nuns 310 euros por neno se é nun colexio público e en 500 se se trata dun colexio privado. A isto haberá que sumarlle ademais en moitos casos a tarifa de comedor ou transporte escolar, e a maiores o da roupa e o calzado, polo que a cifra aumenta considerablemente. Un dos aspectos que está a suscitar maiores quebradeiros de cabeza para moitos pais é a axudas para a adquisición de libros e material escolar, así como tamén o funcionamento do denominado banco de libros. Dende a consellería de Educación anunciaron que a partir deste mércores as familias poderán solicitar xa estas achegas e que proporcionará libros do fondo solidario a todas aquelas familias con rendas inferiores a nove mil euros. Neste tempo tamén son moitos os centros educativos da zona que se atopan con obras de mellora das súas instalacións. É o caso do colexio de Coirón en Meaño que esta mañá recibia a visita do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís. Xunta e concello destinaron uns corenta mil euros á substitución das fiestras situadas na zona sur do centro educativo. As dúas Administración tamén acordaron o cambio de fiestras das catro aulas de infantil situadas na planta baixa. O inicio dos traballos está previsto para o inicio do curso e levaranse a cabo durante a fins de semana.
Inicio Salnés - Caldas