A corporación rexeita a proposta do PP sobre a liberalización da peaxe entre Pontevedra e Curro

PONTEVEDRA> A corporación municipal debateu esta mañá sobre a peaxe da AP-9. O PP pediu no pleno a liberalización do tramo entre Pontevedra e Curro. Unha demanda que, segundo o voceiro popular, traería importantes beneficios económicos para a cidade. Sen embargo, a moción foi rexeitada polo BNG e o PSOE.

O PP de Pontevedra levou ao pleno municipal desta mañá o debate sobre a liberalización da peaxe da AP-9 entre Pontevedra e Curro. Unha proposta que naceu tras o acordo de investidura de Pedro Sánchez. Os populares incidiron na importancia de reducir o tráfico na estrada PO-531 e mellorar tamén a conexión co polígono do Barro.

Pola súa banda, os nacionalistas e os socialistas tacharon de oportunistas e demagóxicos aos membros do PP. Tanto Tino Fernández como César Mosquera recordaron ao voceiro popular que foi o seu partido o que prorrogou a concesión da AP-9. Ademais, ambos os dous lembraron tamén o compromiso de Ana Pastor, en 2008, de liberar a peaxe.

Finalmente a moción dos populares foi rexeitada polo BNG e o PSOE. Non pasou o mesmo cunha das propostas presentadas hoxe por Cidadáns. Goyo Revenga pediu que se realizase un estudo para a creación dunha oficina de atención a maiores na cidade. Esta demanda foi aprobada por unanimidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí