Importante esforzo inversor da Xunta na mellora das infraestruturas viarias de Noia

NOIA> A Xunta realizará un importante investimento na mellora e conservación de estradas en Noia durante o presente exercicio. Entre 2022 e 2023 destinaranse máis de 5 millóns de euros a obras tan importantes como o acondicionamento da travesía da Barquiña e as melloras na Ponte Ceilán.

Un dos proxectos máis ambiciosos é a construción dunha glorieta no cruce da Barquiña e o acondicionamento dun treito da travesía ata Noia para acabar cunha zona de concentración de accidentes. O orzamento da actuación, que se atopa en fase de adxudicación, supera o millón de euros.

Esta obra vense sumar á mellora da Ponte Ceilán, recentemente adxudicada, onde a Xunta destinará 500 mil euros ó reforzo da seguridade e alumeado en toda a vía.

Tamén a rehabilitación da Pontenafonso, a piques de concluír suporá un importante esforzo inversor con 700 mil euros. A Consellería de Infraestruturas acometerá tamén pavimentación sa estrada comarcal entre Ribeira e Noia, por Porto do Son, cun importe total de máis de dous millóns setecentos mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí