A ameixa babosa supera os 72 euros no arranque da campaña marisqueira en Ribeira

RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira iniciaron esta semana a campaña nas súas autorizacións. A pesar de que non abonda o marisco, destaca a boa cotización alcanzada coa ameixa babosa por riba dos 70 euros.

É cedo aínda para facer balance pero nestas dúas primeiras xornadas de traballo, os mariscadores investiron practicamente toda a mañá en apañar o tope de dez quilos de ameixa babosa.

Non destaca a cantidade pero si a calidade con ameixa de gran tamaño que elevou a cotización por riba dos 72 euros na primeira subhasta.

A previsión inicial é estender a campaña ata finais de febreiro ou principios de marzo pero haberá que agardar a ver como evoluciona a situación dos bancos nos próximos meses.

 

Inserto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí