A POBRA> O concello da Pobra porá en marcha este curso o programa Espazos das Familias en Centros Educativos. Unha psicóloga abordará semanalmente temas de interese para os alumnos como a resolución de conflitos, habilidades sociais, educación en valores ou acompañamento emocional.
Esta iniciativa xurdiu despois da rolda de contactos que o concello mantivo a finais do curso pasado cos diferentes centros educativos para detectar as principais necesidades non exclusivamente académicas senón no que se refire a educación emocional.
Desenvolverase ó longo de todo o curso en tódolos colexios de infantil e primaria do municipio. Será a asociación socioeducativa Antonio Gandoy a encargada de impartir o programa que ademais da prevención contempla a intervención naqueles casos que precisen de resolución de conflitos.
Ademais das accións semanais en grupo, programaranse intervencións individuais coas alumnos ou mesmo coas familias que o precisen.