O Noia Fútbol Sala loitará na casa pola Copa Deputación

NOIA> O pavillón municipal de Noia acollerá este venres as finais da Copa Deputación de Fútbol Sala. A feminina, entre o Amarelle e o Fisober, dará comezo ás sete da tarde. A partir das nove está prevista a final masculina na que o conxunto local de Noia pelexará polo triunfo contra O Parrulo de Ferrol. A Copa Deputación de Fútbol Sala decídese en Noia e co Noia. O equipo local desputará a final contra O Parrulo, un dos mellores equipos da tempada. Aínda que o partido non será doado, os noieses deixaranse a pel na pista para conquistar un dos títulos máis importantes ós que aspiran. Na final feminina que se xogará previamente, ás sete da tarde, un dos equipos revelacións do plantel galego, o Fisober, plantaralle cara ó Amarelle. Os encontros celebraranse no pavillón Rosalía de Castro, totalmente remodelado para acoller esta gran cita deportiva que congregará a preto de mil espectadores. De seguro que os noieses, gran afeccionados ó fútbol sala, e tódolos asistentes desfrutarán destas apaixonantes finais das que aínda non hai nada decidido.