Os traballadores de Elnosa pasan á acción

PONTEVEDRA> O comité de empresa anunciou que solicitará unha serie de entrevistas con representantes das distintas Administracións implicadas na continuidade da factoría en Lourizán: Xunta, Deputación e Concello. Piden diálogo e que se lles escoite, antes de tomar unha decisión que condicione o futuro dos seus postos de traballo. Fartos de que non se lles teña en conta, os traballadores de Elnosa pasarán a acción. A través dunha serie de entrevistas que solicitarán con representantes políticos das tres institucións implicadas na continuidade da factoría en Lourizan: Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e concello, o comité de empresa pretende trasladarlle os últimos compromisos adquiridos pola dirección da firma cloreira cara a implantación de diversos cambios tecnolóxicos por importe de trinta millóns de euros que permitirán a eliminación das emisións de mercurio, unha das principais razóns esgrimidas para o seu traslado. Dende o comité de empresa consideran que a opinión pública ten unha opinión sesgada sobre este asunto e non dispón de toda a información ó respecto, polo que emprenderán unha campaña en defensa dos seus postos de traballo. Mañá anuncioron xa a súa intención de aistir, ó igual que os traballadores de Ence, ó pleno da Deputación, onde tratarán de poñer de manifesto o seu malestar coas últimas declaración da presidenta desta institución, Carmela Siva nas que se posicionaba en contra da continuidade destas dúas empresas en Lourizán.