Ravella ve ‘escasas’ as posibilidades de frear o centro comercial de Megasa

    VILAGARCÍA> As posibilidades de frear o proxecto dunha grande área comercial para a finca das Carolinas son escasas. Cando menos, iso ven de asegurar o concello. No seu encontro coa Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez transmitiu á delegación vilagarciá que a tramitación xa está moi avanzada, e que será unha comisión autonómica a que decida se concede o permiso. Para o alcalde, o concello queda case sen ferramentas para evitar esta instalación. Aínda así, dende Zona Aberta non perden a esperanza, e confían no procedemento xudicial aberto contra a aprobación do estudo de detalle.

     

    O tempo e o avance dos trámites van en contra do pequeno comercio de Vilagarcía. Tralo encontro desta mañá coa Directora Xeral de Comercio, o concello recoñece que as posibilidades de frear a gran área comercial na finca de Megasa son escasas.

    Esta comisión terá sobre a mesa un informe do concello. Nel, o goberno local reflectirá a súa oposición a este tipo de instalacións, aínda que recoñecerá a súa viabilidade urbanística. Tamén recordará que existe un proceso xudicial aberto contra o estudo de detalle. Pero Varela advirte que a marxe de manobra é escasa.

    Máis optimista é a presidenta de Zona Aberta. Rocío Louzán confirma que os informes do concello reforcen a postura do pequeno comercio.

    A presidenta dos comerciantes tamén informou á directora xeral de comercio da campaña de presentación de alegacións que ten en marcha Zona Aberta. Hoxe presentaron a primeira quenda: preto de 100 documentos recollidos nunha soa xornada.

    Dende a asociación non descartan emprender novas accións cara mediados de mes. Unha campaña máis reivindicativa, segundo Louzán, aínda por definir.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/03/reunion_directora_comercio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/03/reunion_directora_comercio.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí