Os sindicatos demandan máis prazas ao Sergas

Pontevedra> Catro organizacións sindicais se manifestaron esta mañá as portas do Hospital de Montecelo e do Provincial en Pontevedra para pedir unha negociación seria co Sergas e a creación de máis prazas para a sanidade pública galega. Cren que é necesario tomar esta decisión canto antes polo ben da saúde pública. 

Os sindicatos da sanidade pública volven a saír a rúa para pedir unha negociacións seria do sector co Sergas. 4 organizacións se manifestaron esta mañá as portas de Montecelo e do Hospital Provincial para reivindicar que o 25 por cento dos contratos nestes dous hospitais son de persoal non eventual. 

Dende o sindicato profesional de enfermería cren que é necesario abrir as listas no Sergas porque o que realmente necesitan é máis persoal. 

Unhas mobilizacións que continuarán a vindeira semana na consellería de Sanidade, xa que segundo afirman estes sindicatos, coa situación actual dos traballadores non se pode soster o sistema sanitario público galego. 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/sindicatos_sergas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/sindicatos_sergas.mp4{/flowplayer}