Comezan as reunión para a nova ordenanza de veladores

Pontevedra> Primeira reunión en Pontevedra para comezar a redactar a nova normativa de veladores da cidade. Anabel Gulías dixo esta mañá que se trata dun primeiro contacto co sector da hostalaría. A concelleira insistiu en que non sabe nin cando nin como será finalmente esta nova ordenanza na que se verán influídos numerosos sectores da sociedade pontevedresa. Comexa a posta a punto para a nova ordenzanza de veladores do concello de Pontevedra. Hoxe Anabel Gulías, a concelleira encargada de levar todo o proceso, mantivo a primeira reunión cos hostaleiros da cidade co fin de escoitar demandas. Gulías . O tema dos horarios é un dos primeiros a tratar e analizar nestes encontros. Trátase esta da primeira de moitas xuntanzas que manterán ao longo dos vindeiros meses. Gulías deixou claro que do que se trata é de tratar con rigor e respecto esta nova ordenanza que afectará a moitos veciños da cidade. A concelleira quere que sexa este un proceso aberto onde as partes afectadas teñan en todo momento acceso ao borrador desta normativa e teñan voz e voto na mesa. En relación á datas a concelleira do BNG non se aventurou a dar ningunha. Dixo que se trata dunha ordenanza complexa que se vai a tratar e analizar en profundidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/normativa_veladores_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/24/normativa_veladores.mp4{/flowplayer}