O BNG interésase polas previsións para abrir o centro de día

    POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha pregunta interesándose polas previsións para a posta en marcha do centro de día. A pesar de que as instalacións contan con tódolos servizos e a súa xestión xa foi adxudicada, a día de hoxe permanecen pechadas. O centro de día foi inaugurado o pasado mes de marzo, durante o mandato do anterior goberno. O inmoble conta con tódolos equipamentos e mobiliarios e mesmo se aprobou unha partida orzamentaria para realizar as conexións do subministro eléctrico. Os nacionalistas levarán ó pleno de setembro unha pregunta sobre os custos e os prazos que manexa o goberno local para a posta en marcha do servizo. O proxecto do centro de día comezou a tomar forma no ano 2011 pero a creba da empresa construtora obrigou a realizar un novo concurso que retrasou a construción das instalacións. Por isto, os nacionalistas instan ó executivo a realizar as xestións para poñer canto antes en marcha este servizo tan necesario para o municipio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/04/bng_pobra_centro_de_dia_0409151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/04/bng_pobra_centro_de_dia_040915.mp4{/flowplayer}