O BNG de Noia critica o pintado dun mural nun ben protexido

NOIA> O BNG de Noia denuncia que o pintado dun mural no casco histórico do municipio realizouse sen cumprir coa correspondente tramitación. Os nacionalistas entenden que debería ter en conta o ditame dos técnicos posto que se trata dun ben con protección ambiental e baixo o que se sitúan os restos do viaduto medieval.

Segundo denuncias os nacionalistas, na derradeira sesión da comisión de Patrimonio, as técnicas da oficina de rehabilitación do casco histórico certificaron que o pintado deste mural sobre unha parede que conta con protección ambiental non pasou os pertinentes trámites administrativos nin de control de patrimonio.

Ó BNG non lle satisfan as explicacións do grupo de goberno alegando descoñecer a necesidade de contar cos permisos e cualifican de exemplo inaceptable o seu xeito de proceder posto que non se axusta á legalidade.

Os nacionalistas inciden en que non se opoñen a estas actuacións; todo o contrario apoian ós colectivos de arte urbano para recuperar zonas degradas do municipio pero sempre que se axusten á legalidade e respecten o ditame dos técnicos con competencias na materia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí