Sanxenxo celebrou hoxe a XXXIII edición da Festa da Cebola

SANXENXO> Como vén sendo habitual o concello aproveitou este acto para proceder á entrega das ’Cebolas de Ouro’, uns premios que nesta edición recaeron no primeiro pediatra da localidade, Ricardo Santolaya, e o emblemático hotel La Terraza, que este ano celebra o seu centenario. Sanxenxo viviu hoxe un dia especial coa celebración da festividade de Santa Rosalía. Ademais dos tradicionais actos relixiosos e festivos, a xornada incluíu tamén a trixésima edición da Feira da Cebola que se desenvolveu no recinto portuario coa participación duns sesenta stánds. Trátase dunha cita xa consolidada no municipio coa que pretende pórse en valor un produto moi característico deste concello como é a cebola. Como é tradición o concello aproveitou a ocasión para proceder á entrega das ‘Cebolas de Ouro’. Uns premios que nesta edición recaeron no primeiro pediatra da localidade, Ricardo Santolaya, e o emblemático hotel La Terraza, que este ano celebra o seu centenario. Ademais tamén se entregaron os premios ós gañadores dos distintos concursos, como o da cebola máis pesada, a restra máis longa ou a figura artística máis creativa. As festas terán continuidade tamén mañá sábado coa celebración do Día do Carme coa tradicional procesión marítima a partir das sete da tarde.