Pepe Solla realiza o seu último servizo no comedor de San Francisco de Pontevedra

PONTEVEDRA> O chef Pepe Solla realizou hoxe o seu último servizo no comedor de San Francisco de Pontevedra. O cociñeiro leva colaborando nestas cociñas dende que comezara a crise do coronavirus. Un traballo solidario co que se axudou a centos de familias.

Tras dous meses colaborando nos fogóns do comedor de San Francisco, Pepe Solla realizou hoxe o seu último servizo. O chef chegou a dar comida a preto de 200 persoas diarias durante esta crise sanitaria. Produtos que pasaron das vodas e banquetes aos colectivos máis desfavorecidos.

Responsable da Casa Solla, cunha Estrella Michelín e con tres soles Repsol, Pepe Solla e colaborou con este comedor todos os luns, mércores e venres. Agora, el e o seu equipo volven ás súas cociñas pero o fan con sensacións encontradas.

Este mes cúmprense 32 anos dende que o Comedor de San Francisco abrise as súas portas por primeira vez. Nos últimos meses, os seus voluntarios e traballadores tiveron que afrontar unha das etapas máis complicadas.

O Pai Gonzalo agradeceu o labor da Casa Solla, do Concello de Pontevedra e de todos os voluntarios que axudaron nestes últimos meses de pandemia. De cara ao futuro, o responsable deste comedor pide á cidadanía que se anime a seguir axudando para que, entre todos, poidan facer chegar os alimentos aos máis necesitados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí