As industrias culturais tecen os seus fíos en Pontevedra: comeza a Culturgal

PONTEVEDRA> As industrias culturais galegas reivindícanse esta fin de semana en Pontevedra. Hoxe comezou no Recinto Feiral a Culturgal, unha feria que cumpre a décimo quinta edición. Máis de 100 stands de creadores galegos, máis de 100 actividades para o público xeral e 30 propostas para os profesionais, dan forma a unha programación que pon en valor o peso da cultura galega.

A cultura galega volve tecer os seus fíos en Pontevedra. Hoxe comezou a décimo quinta edición da Culturgal.
Durante toda a fin de semana, a feira converterá o Recinto Feiral pontevedrés no epicentro da cultura galega. Con stands das diferentes disciplinas e unha completa programación.

Os organizadores agardan que milleiros de persoas se acheguen a participar desta nova edición, demostrando que Culturgal cumpre os seus 15 anos en boa forma e con ganas de medrar. Para o que precisa a complicidade das administracións e patrocinadores.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura comprometeu tamén novos apoios para medrar, innovar e gañar visibilidade. Ademais, Román Rodríguez destacou o bo momento dos creadores galegos despois dos tempos duros da pandemia.

Esta edición de Culturgal chega ademais con varias novidades. Entre elas, a aposta pola danza e o reforzo do aspecto profesionais da feira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí