PONTEVEDRA> O Partido Socialista, satisfeito co anuncio da colaboración entre o concello de Pontevedra e Augas de Galicia para paliar as inundacións na rúa Padre Fernando Olmedo. Unha oportunidade que o PSOE non quere que se perda, polo que levará ao vindeiro pleno unha moción para darlle pulo. E destacan que a solución que se está a valorar aseméllase á proposta polos socialistas no 2022.
Para os socialistas de Pontevedra, que o concello e Augas de Galicia estean dispostos a colaborar para paliar as inundacións na rúa Padre Fernando Olmedo é motivo de satisfacción.
Unha satisfacción que lles chega tamén dende o punto de vista político. Puentes recordou que no 2022 a súa formación, por aquel entón parte do goberno co BNG, apostara por unha solución semellante á que se manexa na actualidade: a creación dunhas lagoas artificiais en Valdecorvos que asumiran o incremento de auga.
Agora o PSOE non quere que se perda esta oportunidade. Por iso levarán ao pleno do 23 de decembro unha moción para darlle pulo que contou co apoio do BNG e a abstención do PP. Ademais, nela piden que se aproveite esta actuación para recuperar a zona verde de Valdecorvos.
Segundo o anunciado, a intención é que a Xunta financie tanto a obra como a redacción do proxecto de execución.











