As obras do albergue de Carril remataranse antes do 31 de xullo

CARRIL> Vilagarcía rematará o albergue de Carril nos prazos indicados. O concello e a Deputación visitaron os traballos de reforma e aseguraron que non hai risco de perder a subvención da administración provincial. Indican que as obras se rematarán antes do 31 de xullo.

O novo albergue de Carril será unha realidade antes do 31 de xullo. A subvención da deputación finaliza este mes pero, tras varias prórrogas, finalmente as obras están avanzando a bo ritmo e tanto a administración provincial como a local confirmaron que se cumprirá cos prazos previstos.

Dende a deputación felicitaron ao concello e sinalaron que Vilagarcía contará cun albergue que será unha referencia.

O custe do albergue é superior aos 600 mil euros. Estará composto por 3 plantas e cinco habitacións para acoller a 30 peregrinos.

Unha vez rematada a obra, o concello e a xunta asinarán un convenio mediante o cal a xestión pasará a disposición da administración autonómica. Dende o goberno local agardan que a Xunta sexa áxil e que o albergue poida estar aberto o antes posible.