Sanxenxo ampliará e potenciará a festa da raia converténdoa no Portonovo Gastronómico

SANXENXO> Sanxenxo mudará o formato da festa da raia para converter Portonovo nunha referencia gastronómica. Baixo o nome de Portonovo gastronómico, a vila acollerá diferentes actividades culturais e culinarias na que se porán en valor os produtos do mar. A festa da raia terá o seu protagonismo dentro da festa e se manterá a tradición de entregar a raia de ouro.

O concello de Sanxenxo muda o formato da festa da raia e crea o Portonovo Gastronómico. Un novo festexo que amplía a festa da raia incluíndo máis produtos. O Portonovo Gastronómico complementarase con actividades de lecer e culturais para que toda a vila goce do evento.

O formato muda pero a esencia continúa, a festa da raia seguirá tendo a súa parte importante dentro do Portonovo Gastronómico e se manterá a tradición da entrega da raia de ouro.

Concello e locais hostaleiros toman esta decisión buscando facer máis grande a festa e atraendo a máis persoas. As degustacións mudaranse da praza de abastos aos locais hostaleiros e o concello complementará o Portonovo Gastronómico con actividades musicais e culturais.

A festa ampliará súa oferta pero todos os produtos provirán do mar e serán de quilómetro cero.

Coa coordinación da hostalería, as asociacións culturais da vila e o concello. O goberno local agarda que este cambio poña a Portonovo como unha vila gastronómica de referencia.

O Portonovo Gastronómico terá lugar do 15 a 23 de outubro. A data escollida tamén permitirá ampliar a tempada de verán e dar un impulso aos negocios da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí