A POBRA> A Pobra volverá instalar este ano o seu tradicional Mercado de Nadal. Abrirá as súas portas mañá e poderá visitarse de venres a domingo ata o 2 de xaneiro. Ademais dos postos de comercio de proximidade, este mercado acollerá actividades de dinamización, música e baile.
Sete postos integrarán o mercado de Nadal que dende este mércores e ata o 2 de xaneiro se instalará na praza do Cantón da Leña. Abrirá tódolos venres en horario de tarde e os sábados e domingos todo o día.
Coincindo coa xornada de apertura do mercado, mañá terá lugar un showcooking a cargo do cociñeiro Xaime Chouza. Será a primeira dunha serie de actividades de dinamización que se desenvolverán cada fin de semana.
Ademais desta iniciativa, encamiñada á promoción do comercio local, o concello puxo en marcha a campaña Raña e Gaña na que xa levan repartidos medio cento de premios.