O responsable do accidente mortal en Rianxo cuadriplicaba a taxa de alcol

    RIANXO> A consternación pola morte das dúas vítimas do accidente rexistrado este domingo na autovía do Barbanza, deu paso á indignación xeralizada tras coñecerse que o causante do sinistro cuadriplicaba a taxa de alcol. Na proba realizada á súa chegada ó hospital, Manuel Vázquez arroxou un resultado de 2’28 mililitros cando o máximo permitido é de 0’5. No momento do sinistro o home, residente na parroquia boirense de Cures, volvía dunha comida en Dodro que se prolongou ata pasadas as dez da noite polo que inxeriu importantes cantidades de alcol durante toda a tarde. A pesar de presentar unha intoxicación etílica, tal e como revela o informe sanitario, Vázquez García colleu o coche e incorporouse en dirección contraria á autovía en Catoira. así circulou durante case dous quilómetros ata impactar brutalmente contra o coche no que viaxaba a parella de mozos falecida.