Ravella gastou 213.000 euros nas Festas de San Roque, as máis austeras dos últimos anos

    VILAGARCÍA> O goberno de Vilagarcía, máis que satisfeito co balance das Festas de San Roque. Tras botar o peche a pasada fin de semana agora é momento de valoracións. Segundo informou o alcalde, as festas deste ano foron as máis baratas das últimas edicións, cun orzamento de 213.000 euros. A pesares deste axuste, chamaron a atención sobre a gran participación do público e o éxito das actividades na rúa.

    213.000 euros gastou o concello de Vilagarcía nesta edición das Festas de San Roque, o orzamento máis baixo dos últimos anos.

    Indo ao detalle, en concertos gastáronse 53 mil euros. O Combate Naval supuxo un custo de 31 mil, aínda que contou cunha subvención da Deputación de case 13 mil euros. Destacan tamén as achegas a outras citas clave do programa: as Revenidas de Vilaxoán e a Festa da Ameixa de Carril; festas ás que o concello destinou 28.500 e 8.500 euros respectivamente. En canto aos ingresos, ademais da achega para o Combate Naval, o concello recibiu 15 mil euros da Xunta, e recadou 20.600 das atraccións e postos.

    Tanto o alcalde como a concelleira valoraron de xeito moi positivo esta edición, a pesares de que recoñeceron que os preparativos se fixeron contrarreloxo. Agora, xa traballan na edición das Festas de San Roque do vindeiro ano, nas que se porá un cariño especial.

    Tamén de cara ás festas do ano que ven, o alcalde apuntou que ten previsto retomar os contactos cos diferentes colectivos para a creación dun patronato de Turismo, que tería un gran peso nos preparativos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/11/balance_san_roque.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/11/balance_san_roque.mp4{/flowplayer}