Sabela Fole e Samuel Lago loitarán pola alcaldía de Cambados

CAMBADOS> Samuel Lago e Sabela Fole buscarán nas vindeiras datas a alcaldía de Cambados. A candidata popular foi a gran triunfadora das eleccións conseguindo 8 concelleiros, mentres que os socialistas mantiveron os 4 que xa tiñan a pesar de incrementar os seus votos. Os pactos coas outras formacións da corporación serán determinantes para definir o escenario político de Cambados.

As eleccións municipais do pasado domingo deixaron moi aberta a loita pola alcaldía de Cambados. Cun escenario composto por cinco formacións, a gran triunfadora da noite foi Sabela Fole que conseguiu un concelleiro máis para a súa formación adquirindo 8 edís.

Pola contra o partido socialista, que ostenta a alcaldía dende hai 8 anos, mantívose con catro edís a pesar de subir en votos.

A candidata popular sinalou como base deste éxito electoral á proximidade ca veciñanza.

Pola contra, o socialista sinalaba que a clave das eleccións en Cambados estivo na abstención con respecto ao 2019, que aumentou nun 4%, o que se traduce en 400 votos menos. Abstención que castigou ás formacións de esquerdas como BNG e Somos Cambados. A última formación perdeu un edil a favor dos populares. Repite cun concelleiro Cambados Pode que será a chave do goberno.

Tanto Sabela Fole como Samuel Lago comezarán a reunirse co restos de formacións para apurar as súas opcións de facerse coa alcaldía.

O panorama electoral deixa unha situación similar á que ocorreu na vila no 2015. A única diferencia está en que agora os socialistas teñen 4 concelleiros e o BNG 2. Naquela ocasión houbo que agardar ata o último momento para coñecer cara que lado caía o voto de José Ramón Abal, que finalmente decidiu a alcaldía a favor de Fátima Abal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí