Vilagarcía examina aos futuros socorristas das súas praias

    VILAGARCIA> Os candidatos a socorristas nas praias de Vilagarcía, tiveron esta mañá que enfrontarse a proba teórica e a práctica, que determinarán se son aptos para converterse nos “vixiantes da praia”.

     

    Como cada verán os concellos ofertan postos de traballo para socorristas que queiran vixiar as praias, e como cada ano… son menos os que demandan estes postos, un problema que achacan as dificultades formativas neste eido.

    Esta mañá na praia de Compostela en Vilagarcía tiveron lugar as probas físicas dos nove aspirantes a cubrir unha das once prazas dispoñibles para desenvolver estas labores. 

    Estudantes ou desempregados son algúns dos perfiles que se postulan para a obtención deste emprego que remata ao mesmo tempo que oo verán. 

    Agora só cabe esperar ao resultado das probas para coñecer quenes serán os elexidos para vixiar as praias vilagarciáns. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/13/probas_socorrista_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/13/probas_socorrista_villa.mp4{/flowplayer}