NOIA> Esta mañá inaugurábase oficialmente no coliseo Noela o II Congreso de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos organizado pola Asociación Española de Protocolo.
A xornada inaugural contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, así como tamén do propio alcalde de Noia, Santiago Freire.
Na súa intervención os dous destacaron a importancia deste tipo de citas nas que se abordan aspectos como a diplomacia deportiva, a mediación e a solución de conflitos ou mesmo o turismo deportivo, tan de auxe na actualidade.
Durante os próximos días pasarán polo coliseo Noela destacadas figuras do deporte a nivel nacional e internacional como é o caso do patinador, dobre campión do mundo, Javier Fernández, que achegará algunha das súas experiencias.