A exquisitez en Arousa Norte ten forma de tapa

    Unha trintena de locais hostaleiros do Barbanza comezaron a ofrecer esta fin de semana a súa proposta dentro da Ruta Máis que Tapas. Venres, sábados e domingos deste mes de decembro, Arousa Norte convértese no epicentro da gastronomía en pequeno formato.

     

     

     

    BOIRO> A segunda edición desta idea da Mancomunidade de Arousa Norte, leva ós concello de Boiro, A Pobra, Ribeira e Rianxo a sacar o máximo partido ós produtos de temporada, en tapas que se converten en verdadeiros pratos gastronómicos. Por un prezo de dous euros, de venres a domingo, os clientes dos 33 locais terán sesión tapeo ó medio día e á noite. Os clientes que proben as tapas poden votar e elixir a mellor delas, e deste xeito entrarán nun sorteo de varios agasallos, entre os que se atopan dous paquetes turísticos. Un xurado formado por profesionais do ámbito da gastronomía tamén emitirá o seu veredito. Se esta fin de semana non tiveron oportunidade, poden dar un capricho ó seu padal e pasar polos locais de Arousa Norte ata a fin de semana do 18 de decembro, para participar en “Máis que tapas”.