RIANXO> A Consellería de Industria e o concello de Rianxo financiarán conxuntamente o proxecto de mellora da praza de abastos. A actuación, que estará finalizada a finais de outubro, porá fin ós problemas de filtracións e mellorará os accesos ó inmoble. Na súa aposta por seguir dinamizando as prazas de abastos como motor do comercio local, a Xunta de Galicia investirá trinta mil euros nunha serie de melloras no mercado de Rianxo. O resto do importe para acometer o proxecto, uns quince mil euros, será asumido polo concello co fin de darlle o pulo definitivo a estas instalacións que aínda dispoñen de postos baleiros. A actuación centrarase na reparación das filtracións e dos problemas causados polas humidades. Mellorarase tamén o acceso a través do ascensor. As obras, a piques de comezar, estarán rematadas a finais do próximo mes.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









