Lois Rodríguez volve a coroarse no Trail de Bealo

260

BOIRO> O padronés continúa co seu dominio absoluto no Circuíto Arousa Revolutrion Trail Series. A vencedora da proba feminina foi Vanessa Maneiro. Dos preto de 300 inscritos no Trail de Bealo, tomaron a saída  uns 250, e deses chegaron a completar o percorrido uns 230. A maioría dos abandonos debéronse á fatiga, escordaduras ou algunha que outra caída, pero de escasa gravidade. Sen dúbida o desenvolvemento da carreira, a terceira proba das catro que comproñen o Circuíto Arousa Revolutrion Trail Series estivo moi condicionada pola climatoloxía. Pero nin a borrasca Félix foi quen de impedila. A organización, novamente de dez, non esqueceu nin o máis mínimo detalle para que os participantes na carreira estiveran a gusto. A vitoria na categoría masculina foi como xa acontecerá nas dúas probas anteriores do circuito para o padronés Lois Rodríguez. El foi o máis rápido en completar os 14 quilómetros de percorrido, cun tempo de 1:06:53. Acompañárono no podio Esteban Toucedo e Víctor González. En canto á categoría feminina, a vencedora foi Vanessa Maneiro, cun tempo de 1:33:28, seguida de María Mareque e Verónica Calvo. Por equipos o vencedor na proba foi o Lodeiros Trail, seguido do la Gramola e o Tribu Trail. A vindeira proba do circuíto Arousa Norte será o día 8 de abril coa disputa do Trail do Castro Barbudo en Rianxo. Será a derradeira proba puntuable para o circuíto. Aínda así quedará a proba final. O Ultratrail do Barbanza que terá lugar o 29 abril en Ribeira con diversos itinerarios dependendo do nivel dos participantes, un minitrail de 20 quilómetros, un trail de 35 e o ultra de 60, só ó alcance dos máis preparados.