Os portos náuticos galegos desembarcan no salón de La Rochelle

    O GROVE>

     

    Estes días o mundo da náutica recreativa ten unha cita de calado en Francia. O salón Grand Pavois La Rochelle abriu hoxe as súas portas coa presenza de más de 860 expositores de 35 países, e entre eles, un ano máis, estará presente Galicia e os servizos que ofrecen as empresas de náutica recreativa galegas.

     

     

    Baixo o paraugas de Portos de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia, as empresas da náutica recreativa galega estarán presentes estes días nun dos salóns sectoriais máis importantes a nivel internacional. O Grand Pavois de La Rochelle abre as súas portas para servir de punto de encontro a firmas e operadores náuticos que buscan novas liñas de negocio e establecer contactos comerciais entre entidades náuticas europeas. Galicia vén participando desde hai uns anos nesta cita grazas á iniciativa tomada polo Náutico de San Vicente-Pedras Negras e a súa vontade de ampliar miras e abrir a  Regata de Barcos Clásicos que viña realizando.

     

    Ese Rally Náutico será un dos atractivos que o Porto deportivo de Pedras Negras presente estes días na Rochelle. Unha oportunidade única para captar novos fluxos de visitantes que recalen nas costas galegas, e en concreto nas mecas. Os froitos desta promoción en anteriores salóns xa se están a ver. De feito no primeiro semestre deste ano, a dársena grovense triplicou o número de tránsitos obtidos no mesmo período do ano anterior, pasando dos 23 no 2014 ós 69 neste 2015.

     

    Froito do convenio asinado entre o Yatch Club Classique e o Náutico de San Vicente naceu un Rally Náutico, regata a celebrar cada tres anos e na que se une La Rochelle con Galicia. Celebrarase en agosto do vindeiro ano reunindo a embarcacións tradicionais e de nova tradición, realizados seguindo o modelo dos barcos clásicos e de época.

     

    Potenciamento do sector náutico que leva aparellado un impulso ó turismo e ó sector económico galego. De aí a importancia de tomar parte nestes escenarios internacionais.

     

    Ademais do Club Náutico de San Vicente, estes días estarán presentes na Rochelle outros portos galegos, como o da Pobra, Vilagarcía ou Muros, ofertando a riqueza e servizos que ofrecen as dársenas deportivas de Galicia.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/16/rochelle.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/16/NAUTICO_PEDRAS_NEGRAS.mp4{/flowplayer}