O Secretario Xeral do Mar inspecciona á rexeración do Preguntoiro

    juan_carlos_martin_100.jpgVILAGARCÍA > O secretario Xeral do Mar do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, Juan Carlos Martínez Fragueiro, …

    …e a directora Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, Alicia Paz Antolín, comezaron hoxe a súa visita a varias localidades costeiras das galegas, na que este departamento do goberno central está levando a cabo actuacións de rexeración de areais. O seu periplo comezou esta mañá en Vilagarcía, onde comprobaron sobre o terreo a evolución da rexeración da praia do Preguntorio, en Vilaxoán, ata onde está previsto que se prolongue o paseo marítimo vilagarcián, desde o peirao de Ferrazo. Unha actuación da que xa presentara un anteproxecto a xefatura de costas de Pontevedra e do que eles agora analizan as dificultades técnicas in situ.

    Neste punto xurdiu a polémica sobre a idoneidade da area de canteira ou a de area procedentes de entornos naturais. O número dous do MAPA asegurou que a area que se ía a aportar non ía a supoñer ningún prexuízo para actividade algunha, nin sequera para a marisqueira.

    A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, fixo fincapé na procedencia da area que se vai a depositar neste punto de Vilaxoán, aclarando que fora o recomendado polos técnicos e o anunciado desde un primeiro momento. Esta alcaldesa vilagarciá deixou entrever que este novo areal non será o único que se cree nos vindeiros tempos neste concello.

    Por outra banda, esta visita oficial dos representantes do Ministerio de Medio Ambiente,e Medio Rural e Mariño continuará mañá en Boiro e en Rianxo.

    Redacción Salnés