O TSXG revisa a condena do presunto asasino de Cristian Willisch

    revision_condena100.jpgSALNÉS> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisará o vindeiro martes a condena ditada contra un vilanovés …

    {flowplayer}images/salnes/revision_condena.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> A sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisará o vindeiro martes a condena ditada contra un vilanovés, acusado de matar a un mozo da Illa en 2007.

    A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgou o caso o pasado mes de novembro e o xurado popular considerou a Antonio Pouso, alias o Cuco, culpable dun delito de ameazas e doutro de asasinato aleivoso, polo que lle impuxeron 19 anos e medio de condena e unha indemnización de 180 mil euros ós pais da vítima Cristian Willisch.

    A defensa do acusado apelou ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ó considerar excesiva esta pena. Sempre argumentou que se tratou dun homicidio, o que suporía unha pena moi inferior. Ademais, a sentenza da Audiencia Provincial non ten en conta os atenuantes esgrimidos pola defensa, como a excesiva inxesta de alcol ou o feito de sentirse intimidade polo grupo da Illa do que formaba parte Cristian.

    Os feitos ocorreron na madrugada do 8 de setembro de 2007. Segundo recolle a sentencia o incidente iniciouse nunha discoteca de Vilanova onde Antonio Pouso tratou de intimidar a varios mozos da Illa cunha pisto de balíns que parecía de fogo real. Considerouse probado que o Cuco lle puxo a pistola na cabeza a Cristian dicíndille que lle pegaría dous tiros. Un incidente que motivou a intervención da Garda Civil.

    Tres horas máis tarde os dous grupos atopáronse de novo nun bar de Vilanova. Dous mozos de Vilanova e outros dous da Illa saíron fóra para enfrontarse, e entre eles estaban a vítima e o acusado, este último cun coitelo do bar agochado no antebrazo. Foi con esa arma coa que acabou coa vida de Cristian. Na sentenza sinálase que Pouso se abalanzou contra Willisch empuñando un coitelo e con ánimo de privarlle da vida, asestoulle unha puñada no peito, á altura do corazón, que lle causou a morte. Tras isto, o Cuco e os seus amigos fuxiron, inda que se entregaron 36 horas despois.

    Os maxistrados de Pontevedra incidiron tamén en que a pena foi tan dura porque o acusado non amosou arrepentimento durante o xuízo.

    Redacción Salnés