David Otero: ‘Queremos que Sanxenxo pase de ser moroso a crear aforro’

    SANXENXO>

     

    O cuatripartito de Sanxenxo saca peito e amósase satisfeito coa xestión realizada nos tres meses que leva no goberno. Tempo no que conseguiron sacar adiante a época estival cos maiores rexistros de turistas dos últimos tempos malia a ‘precaria situación económica’ na que se atoparon o concello. E é que se algo empanou esta chegada ó goberno foron as débedas e irregularidades, que segundo eles, tiveron que solucionar.

     

     

    Rematada a tempada de verán e cumpridos os tres primeiros meses de mandato, o cuatripartito de Sanxenxo sentou hoxe ante os medios de comunicación para facer balance. Apúntanse unha nota máis que positiva, ó conseguir superar un verán no que Sanxenxo marcou récords na afluencia de turistas, aínda que esta boa xestión, segundo eles, se veu empanada pola herdanza deixada polo anterior goberno popular. Unha concellería de servizos practicamente sen orzamento para facer fronte a limpeza e mantemento do municipio, contratos vencidos, inexistentes ou servizos prestados de xeito irregular que lles obrigaron a desembolsar unha elevada cantidade de cartos públicos.

     

    Contía que se destinou a cumprir sentenzas xudiciais como a da Cultural de Vilalonga ou o derrubamento dos chalés de Dorrón, ó abono de alugueres como o da aula de lectura de Vilalonga, que levaba sen pagarse desde o 2013, ou o das naves nas que se garda a maquinaria municipal.

     

    E nesa liña de fiscalización van seguir, porque adiantan que xa teñen varios expedientes urbanísticos que porán en mans do Ministerio Público para que os investigue.

     

    A pesar destas trabas, incide o alcalde, neste tempo foron quen de cumprir a programación cultural, manter limpo o municipio, facer reformas en centros escolares e empezar a traballar no deseño dos orzamentos do 2016.

     

    Teñen tamén no punto de mira a ordenación urbanística do municipio e ordenanzas para regularizar sectores como o das terrazas hostaleiras.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/18/CUATRIPARTITOSANXENXO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/18/BALANCE_SANXENXO.mp4{/flowplayer}