O persoal xudicial reclama un cuarto xulgado en Vilagarcía

    concentracion_xulgado100.jpgVILAGARCÍA> A Xunta de Persoal dos Xulgados de Vilagarcía, mobilizouse esta mañá para solicitar un cuarto xulgado

    {flowplayer}images/salnes/concentracion_xulgado.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Xunta de Persoal dos Xulgados de Vilagarcía, mobilizouse esta mañá para solicitar un cuarto xulgado para mitigar a enorme carga de traballo que soportan agora. É a primeira protesta, pero non descartan aplicar medidas de presión se non se atende ás súas peticións.

    O Ministerio de Xustiza outorgou dúas unidades a Galicia, a maiores das nove que se lle adxudicaron este ano. Os Sindicatos esixen que unha delas, sexa para Vilagarcía, por considerar que as tres existentes, soportan unha carga de traballo para os funcionarios, que repercuten nos cidadáns.

    Segundo indican, hai que verificar a implicación das demais forzas vivas da cidade, hoxe é un primeiro paso, pero non pensan cesar nas súas reivindicacións. Especialmente na xurisdición civil, a carga de traballo é mais do dobre do aconsellado nos módulos fixados polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Amais, o Xulgado número 3, comparte funcións co de violencia de xénero, véndose así facendo gardas permanentes, hai que engadir tamén a cobertura do Hospital do Salnés e o rexistro dos bebés. Un cuarto Xulgado axilizaría o traballo un vinte cinco por cento.

    Redacción Salnés