O Concello facilita a documentación do traslado do mercado de Sanxenxo

    prazasanxenxo_100_180107.jpgSANXENXO > A alcaldesa remitiu a documentación do traslado da praza de abastos ós colectivos implicados na cuestión, …

    … tal e como se comprometera na reunión da pasada semana. No dossier, inclúense os planos de planta das posibilidades que ofrece a creación de aparcamentos nas actuais instalacións.

    Segundo a documentación que ten o Concello sobre o Mercado de Sanxenxo, en caso de que a entrada ó párking se producise pola Avenida de Madrid só se poderían obter 21 prazas por planta, mentres que se a rampla se situase na Rúa da Constitución só habería 14 por piso. Para a alcaldesa isto é insuficiente e veríase corrixido na nova ubicación, que estaría a menos de 300 metros do emprazamento actual.

    Catalina González sinala tamén que o novo enclave permitirá engadir servizos e infraestructuras imposibles no actual, como son as zonas de carga e descarga con montacargas ou as cámaras de frío esixidas por lei. A alcaldesa apunta ademais que, en caso de levarse a cabo o traslado, os comercios existentes no Mercado non terían que cerrar ó público en ningún momento, nin ocupar locais provisionais nos que dificilmente se manterían unhas condicións mínimas de hixiene.

    Esta documentación foi remitida xa ós colectivos implicados no traslado do Mercado. Ademais, a petición de Entretendas, o goberno local encargou un estudo de mercado sobre as repercusións da posible reubicación.

    Redacción Salnés