O PP de Sanxenxo suspende ao cuatripartito despois de cen días de goberno

SANXENXO> O cuatripartito de Sanxenxo non convence á oposición. Para o Partido Popular, estes cen primeiros días de goberno caracterízanse pola falta dun proxecto para a vila. Esixen ao executivo que consiga infraestruturas para o concello, e sinalan o mal funcionamento do servizo de limpeza, a mala organización do tráfico e a falta de actividade no parque empresarial como os principais fracasos destes primeiros 100 días.

 

Para o Partido Popular, o cuatripartito de Sanxenxo non deu a talla. Cumpridos os 100 primeiros días de goberno, para Telmo Martín a pasividade do goberno local fixo que a vila non dera a súa mellor imaxe no verán aos seus visitantes.

O terceiro fracaso sinalado polos populares ten que ver co polígono empresarial de Nantes. Segundo Martín, é preocupante que aínda non conseguiran a instalación de ningunha empresa.

Acusa ao equipo de goberno de non ter un proxecto para Sanxenxo e a Gonzalo Pita de só ser alcalde para as fotografías.

Martín apuntou que o goberno de Pita aínda non conseguiu ningunha infraestrutura para Sanxenxo, con proxectos pendentes como a mellora da PO-308, solucionar os problemas da praia da Carabuxeira ou un novo colexio para Vilalonga.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/22/balance_telmo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/22/balance_telmo.mp4{/flowplayer}