Dende a Deputación demandan igualdade, erradicación da violencia machista e máis educación

Pontevedra> Neste 8 de marzo dende a Deputación de Pontevedra tamén quixeron render a súa homenaxe ás mulleres. Para isto ás 12:00 as mulleres traballadoras secundaron o paro convocado para esta xornada. Un acto onde a xefa do servizo de igualdade leu un manifesto no que se reivindicaba a igualdade e a loita das administracións contra a violencia de xénero. As traballadoras da Deputación estiveron visibles nese parón da muller neste 8 de marzo. Un acto no que a xefa do servizo de igualdade leu un manifesto que deixaban patente a desigualdade que sigue existindo a día de hoxe no ámbito laboral. Dende a Deputación tamén deixaron claro que a gran loita a día de hoxe da sociedade e dos poderes públicos e loitar para erradicar a violencia machista, unha violencia que mata a decenas de mulleres cada ano no noso país. Dende o Departamento de Igualdade teñen claro que a educación é outro dos piares clave para potenciar a igualdade. Para lograr unha sociedade participativa onde que as mulleres ocupen o lugar que merecen. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/muller_dipu_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/muller_dipu.mp4{/flowplayer}