Acordan reforzar a presenza policial nas feiras para ‘rematar coa impunidade’

PONTEVEDRA> Rematar coa impunidade. Este o obxectivo que se marcaron esta mañá os responsables das Forzas e Corpos de Seguridade en Pontevedra e os alcaldes dos municipios onde se celebran mercadiños con vendedores de etnia xitana. A Policía Nacional ou a Garda Civil apoiarán aos locais, para pór freo aos ataques que se veñen rexistrando aos vendedores. Ademais, o subdelegado do goberno pedirá á Xunta que tome medidas, acolléndose á Lei de Comercio de Galicia.

 

Dezanove concellos acudiron esta mañá ao chamamento do subdelegado do Goberno en Pontevedra. Xunto a representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado abordaron a problemática que se está a dar nos mercadiños aos que asisten vendedores de etnia xitana. Os episodios de violencia repetíronse nas feiras de Cangas, Redondela e Vigo, onde chegou a tirotearse a un vendedor.

Para pór freo ás agresións, na xuntanza acordouse reforzar a presenza policial. Os gardas municipais estarán apoiados pola Policía Nacional ou a Garda Civil. Ademais, o subdelegado dirixirase á Xunta para que empregue as competencias que lle atribúe a Lei de Comercio.

Os alcaldes tamén pediron unha maior contundencia da Fiscalía.

Ata o de agora, os sucesos máis graves rexistráronse en concellos do sur da provincia. Porén, ao encontro tamén asistiron representantes de Barro, Poio, Vilagarcía e Cambados, vilas nas que a tensión entre os dous clans se deixou sentir nos últimos mercadiños.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/mercadillos_subdelegacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/mercadillos_subdelegacion.mp4{/flowplayer}