Os bombeiros sorprenden aos máis pequenos da Escola Infantil da Xunta

PontevedraL> A Escola Infantil da Delegación da Xunta, en Pontevedra, recibiu unha visita moi especial nesta xornada. Na quincena das profesións, os bombeiros de Pontevedra achegáronse ata as instalación deste centro cos seus vehículos e material antiincendios. O camión e os cascos dos bombeiros foi o que máis éxito tivo entre os pequenos de terceiro de Infantil. Os pequenos da Escola Infantil da Delegación da Xunta, en Pontevedra, tiveron nesta xornada unha visita moi especial xa que estiveron os… Unha visita que se engloba dentro da quincena das profesións que hoxe comeza neste centro con esta visita dos bombeiros. O obxectivo destas visitas é que os pequenos coñezan de preto a profesión. E os alumnos da aula de 2-3 anos deste centros estiveron encantados. Os casos e o camión dos bombeiros foron os grandes favoritos da xornada. Incluso algún dos nenos soubo dicirnos á perfección a marca do camión dos bombeiros. Unha mañá diferente e divertida que rematou, grazas aos bombeiros, cunha festa da espuma para todos os pequenos deste centro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/bombeiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/bombeiros.mp4{/flowplayer}