O Salnés aposta pola gastronomía como valor turístico

    CAMBADOS > O Salnés aposta por conquistar ós seus visitantes polo estómago. O Plan de Dimanización Turística da comarca e a mancomunidade porán en marcha a finais deste mes unhas Xornadas Gastronómicas. O evento reunirá a coñecidos profesionais da gastronomía e o turismo, e a cociñeiros do máis alto nivel.

    cartelxornadasgastronomicassalnes_300_130606.jpgJavier Ponte – Taky, Mario Sandoval, Xosé Cannas e Porto Muíños serán os cociñeiros de renome que farán demostracións técnicas durante as Xornadas Gastronómicas do Salnés. Será en Fexdega, en Vilagarcía, o 30 deste mes. Esta primeira experiencia culinaria ponse en marcha desde o Plan de Dinamización Turística do Salnés e a mancomunidade. Do que se trata é de aproveitar o recurso máis valorado polos visitantes, a gastronomía, para apoiar a desestacionalización do turismo.

    Durante estas xornadas, os profesionais do turismo e da hostalería tamén poderán coñecer experiencias de éxito no desenvolvemento do turismo gastronómico e no enoturismo. O día 29 no Parador de Cambados ofreceranse diversas conferencias cos casos de Cataluña ou País Vasco.

    O programa reserva actividades para o público en xeral. Convócase un concurso de fotografía con temática gastronómica, aberto ata o día 26. os traballos exporanse do 30 ó 9 de xullo no Pazo de Lis de Meaño. Haberá visitas guiadas a adegas da comarca desde o 29 ó 2 de xullo. O sábado 1 de xullo, daranse clases prácticas en restaurantes das Cociñas do Salnés, e ademais proxectarase no Grove o filme ‘Un toque de canela’.

    Redacción Salnés