A ILLA> O PSOE amosa a súa preocupación pola alta mortaldade do marisco nas rías galegas. Os socialistas presentaron xa varias propostas no Parlamento de Galicia para a rexeneración dos bancos marisqueiros. Pídenlle tamén á Xunta que habilite axudas ‘especiais e complementarias’ para que o sector poida facerlle fronte a unha situación que consideran catastrófica. Este venres mantiveron un encontro na Illa de Arousa con representantes da confraría e da OPP20.
O PSdeG está a desenvolver unha serie de encontros co sector marisqueiro e pesqueiro para afondar na problemática da alta mortaldade que está a afectar ás rías. Este venres reuníronse na Illa con representantes da confraría e da OPP20. Logo das intensas chuvias deste inverno, falan dunha situación catastrófica e pídenlle a Xunta que reaccione. O primeiro, axudas ‘especiais e complementarias’ para o o sector.
Pero os socialistas van máis ala, denunciando que o estado das rías tampouco axuda á supervivencia dos recursos. Conscientes de que non existe un único factor que provoque esta alta mortaldade, demandan medidas para para a recuperación das rías.
Ao encontro cos representantes do sector da Arousa, asistiron tamén os alcaldes socialistas de Cambados e da propia Illa.
Esta reunión enmárcase dentro dunha rolda de contactos que está a desenvolver o PSdeG co sector en distintos puntos das Rías Baixas.











