PSOE e BNG celebran 67 días de ‘goberno coordinado’ á fronte da Deputación

PONTEVEDRA> PSOE e BNG están máis que satisfeitos co seu matrimonio político á fronte da Deputación de Pontevedra. Tras 67 días dirixindo o goberno provincial, presidenta e vicepresidente compareceron esta mañá para reforzar a imaxe de equipo de goberno unido. Tamén falaron da modificación de crédito que aprobarán mañá no pleno: preto de 8 millóns 300 mil euros que se destinarán a proxectos que marcan o camiño que quere seguir a Deputación.

 

Tras 67 días de matrimonio político na Deputación de Pontevedra, PSOE e BNG celebran a boa sintonía do seu goberno. 

Esta mañá, presidenta e vicepresidente compareceron para reforzar a imaxe desta boa sintonía. Tamén para facer balance deste tempo, cunha xestión que ven marcada polo cambio.

Ata o de agora, o goberno sinala como logros a nova relación cos concellos, os avances na transparencia ou a intención de repartir os fondos entre os gobernos locais baseándose nos principios de equidade e xustiza.

Hoxe insistiron en que serán os orzamentos do vindeiro ano os que recollan realmente o cambio de espírito da Deputación, aínda que a modificación de crédito que aprobarán mañá ofrecerá un avance das intencións.

Contarán con case 8 millóns 300 mil euros. Gran parte, 3 millóns, destinaranse a un programa de emprego para os meses de novembro e decembro, que beneficiará aos concellos e a 3.500 traballadores. Un novo centro xestor de formación e emprego, a creación de servizos de igualdade e normalización lingüística, un proxecto de composteiros, ou o convenio co concello de Pontevedra, son outras das actuacións nas que se repartirán estes cartos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/deputacion_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/deputacion_pontevedra.mp4{/flowplayer}