PONTEVEDRA> Chegan os cambios ao grupo do Partido Popular na Deputación de Pontevedra. Como pactara ao inicio do mandato, a formación reorganízase e muda catro dos seus deputados. A actual voceira do PP, Nidia Arévalo, e a alcaldesa de Mos, Luisa Piñeiro, figuran entre os saíntes. O PP renova catro caras dentro do seu grupo provincial. A formación anunciou hoxe que realizará os relevos pactados ao inicio do mandato. Entre os deputados que deixarán os seus postos, están a actual voceira do PP, Nidia Arévalo e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro. Tamén marchan os exalcaldes de Ponteareas e Cangas, Julio Alén e Enrique Sotelo. O voceiro do PP en Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez, o alcalde da Lama, Jorge Canda, a concelleira do PP en Ponteareas Belén Villar e o ex alcalde de Moaña, José Fervenza, serán os seus substitutos. Rueda destacou especialmente o papel de Nidia Arévalo como voceira. Trala súa marcha, manterase Ángel Moldes, que non abandonará o seu escano ao estar o voceiro en Pontevedra, Jacobo Moreira no Parlamento Galego. Rueda agarda que os cambios poidan realizarse nos dous plenos que se celebrarán no mes de setembro.
Inicio PONTEVEDRA