O concello presenta un avance dos orzamentos deste ano, de 74 millóns de euros, e abertos a negociar coa Marea

Pontevedra> O concello de Pontevedra presenta un avance dos orzamentos para o 2018 que chegan aos 74 millóns de euros. Dende o Goberno Local dixeron esta mañá, que unha vez pechado o borrador, presentarano á oposición e que lle darán prioridade a Marea, co fin de poder e aprobar estas contas no mes de decembro. O concelleiro de Economía presentou esta mañá un avance dos orzamentos para este ano que ascenden aos 74 millóns de euros. Raimundo González anunciou que esta mesma tarde tiveron una reunión coas tres federacións de asociacións veciñais da cidade co fin de introducir as súas demandas ou reivindicacións antes de realizar o borrador destas contas. Raimundo González dixo que tras esta reunión agardan ter o borrador listo para a segunda semana de novembro, unha vez que estea perfeccionado será presentado á oposición, onde deixou claro que terán preferencia coa Marea da cidade. No capítulo de persoal investirán 21 millóns 800 mil euros, no gasto corrente 31 millóns 460 mil euros e en investimentos 12 millóns 800 mil euros. No tocante á súa relación coa Marea dende este partido xa dixeron que para apoiar estas contas debería contar cunha ordenzanda da renda social, dende o Goberno dixeron que están en contacto case semanalmente coa Marea e que van a tentar levar a reforza desta ordenanza no mes de novembro. Dende o concello amosáronse abertos á negociación e agardan poder aprobar estas contas na primeira quincena do mes de decembro.