Impulso ao proxecto do viario de Mollavao e á reforma da rúa 12 de novembro de Pontevedra

PONTEVEDRA> Concello e Deputación de Pontevedra asinan os convenios de colaboración para as reformas das rúas Rosalía de Castro e 12 de novembro. Son dúas actuacións que, segundo indicaron esta mañá, mellorarán o espazo público da cidade. O presidente provincial foi recibido polo alcalde no novo salón de plenos. Miguel Anxo Fernández Lores agradeceulle a Luis López que se manteñan os compromisos realizados no pasado mandato. Tamén destacou a importancia da colaboración institucional.

Son en total dous millóns de euros para dous proxectos que financiará ao 100% a Deputación de Pontevedra.

Esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra achegouse ata a renovada casa do concello pontevedra para asinar co alcalde estes dous convenios. Luís López salientou que son unha nova mostra do compromiso da administración cos concellos e o respecto á autonomía local.

O alcalde de Pontevedra, pola súa banda agradeceu á Deputación de Pontevedra que manteña os compromisos adquiridos no pasado mandato pola anterior administración provincial.

Lores salientou a importancia da construción do novo vial que unirá a estrada vella de Marín coa Autovía.

Tamén a idoneidade do proxecto da rúa 12 de novembro, con máis espazos para o esparexemento da veciñanza.

Ambas as obras deberán estar rematadas antes do comezo do ano 2027.